«Trabalhos e penas dos trobadores galego-portugueses»
Autor Brea, Mercedes
Título Trabalhos e penas dos trobadores galego-portugueses
Otros autores C. F. Blanco Valdés - A. M. Domínguez Ferro
Título revista/libro Madonna à 'n sé vertute con valore. Estudios en homenaje a Isabel González
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Universidade de Santiago de Compostela
Año 2016
Páginas 75-88
Resumen
A presenza destes dous vocábulos no maldizer de Johan Soarez de Paiva, Ora faz ost'o senhor de Navarra, que se considera a cantiga galegoportuguesa máis antiga que se conservou, dalle ocasión á autora a rastrexar o seu emprego no corpus trobadoresco e os valores semánticos que ambos asumen. Constata que o seu uso é bastante limitado, sobre todo tendo en conta a importancia que ten o campo sémico da tristura na poética trobadoresca. Ademais, observa como os autores que máis os utilizan pertencen ás xeracións máis antigas, aquelas que aíndan mostran unha maior débeda cos modelos transpirenaicos. Conclúe, daquela, que tanto trabalho como pena formaron parte da linguaxe poética desta primera etapa, de aí que se documenten na produción de autores temperáns e con bo coñecemento das tradicións líricas francesa e occitana. Neste caso atoparíanse trobadores como Osoir'Anes, Fernan Rodriguez de Calheiros ou Martin Soarez, xunto ao xa citado Johan Soarez de Paiva. Máis tarde, a emerxencia do vocábulo coita renovou o léxico do sufrimento e desprazou a trabalho e pena
![]()
