«Prensa, sociedad gallega y Martin Codax. ¿Cómo divulgaron los periódicos la figura del trovador?»


Autor Blas, Ceferino de

Título Prensa, sociedad gallega y Martin Codax. ¿Cómo divulgaron los periódicos la figura del trovador?

Otros autores A. Rodríguez Guerra - X. B. Arias Freixedo

Título revista/libro The Vindel Parchment and Martin Codax / O Pergamiño Vindel e Martin Codax. The Golden Age of Medieval Galician Poetry / O esplendor da poesía galega medieval

Ciudad Amsterdam - Philadelphia

Editorial John Benjamins Publishing Company

Año 2018

Páginas 295-310


Resumen
Analiza a recepción de Martin Codax na sociedade galega, e na viguesa en particular, dende finais do século XIX, tendo en conta as noticias sobre o xograr, a súa obra e o Pergamiño Vindel. As primeiras alusións están ligadas á publicación da edición do Cancioneiro da Biblioteca Vaticana de Ernesto Monaci (1875), como a máis temperá que se documenta, debida a Teodosio Vesteiro Torres. Porén, ata comezos do século XX Martin Codax só chamaba a atención dunha minoría de estudosos e eruditos. Na segunda década desa centuria reavívase o interese grazas aos traballos de Eladio Oviedo y Arce e do achado do Pergamiño Vindel. Para a posterior popularización de Martin Codax no século XX resultarán fundamentais dous acontecementos: o labor de divulgación que emprendeu o historiador Avelino Rodríguez Elías, que en 1920 propuxo darlle o nome do xograr a unha rúa de Vigo; e, xa nos anos 50, a campaña emprendida por Xosé María Álvarez Blázquez, para que se lle dedicase un monumento na mesma cidade. O autor salienta a importancia do xornal Faro de Vigo, pois foi nel onde en todos eses anos máis a miúdo apareceron noticias e alusións ao xograr

Loading