«Il virtuosismo metrico delle Cantigas de Santa María: il ms To»
Autor Betti, Maria Pia
Título Il virtuosismo metrico delle Cantigas de Santa María: il ms To
Título revista/libro Ars Metrica
Año 2010
Volumen 12
Resumen
O códice toledano das Cantigas de Santa María resulta un testemuño privilexiado para apreciar o grao de elaboración e orixinalidade que desprega Afonso X na súa poesía relixiosa, tendo en conta a cercanía desta compilación co arquetipo do cancioneiro mariano. Para iso, a autora comeza repasando a estrutura do códice To e pasa de seguido a analizar os diferentes esquemas métricos que adoptan as súas cento vintenove composicións. Salienta a gran variedade que neste aspecto posúen as Cantigas de Santa María, que, na súa primeira versión reunían case que un esquema métrico diferente para cada dous textos e que na súa versión final resultaron a un esquema para cada catro. Este alto grao de orixinalidade acentúase cando se ten en conta que os esquemas da poesía profana galegoportuguesa e da lírica occitana apenas se están presentes neste corpus sacro
![]()
