«Romanística, antropología y comparatismo. Reflexiones metodológicas a propósito de Martin Codax»
Autor Beltran, Vicenç
Título Romanística, antropología y comparatismo. Reflexiones metodológicas a propósito de Martin Codax
Otros autores A. Rodríguez Guerra - X. B. Arias Freixedo
Título revista/libro The Vindel Parchment and Martin Codax / O Pergamiño Vindel e Martin Codax. The Golden Age of Medieval Galician Poetry / O esplendor da poesía galega medieval
Ciudad Amsterdam - Philadelphia
Editorial John Benjamins Publishing Company
Año 2018
Páginas 1-24
Resumen
Sitúa as cantigas de Martin Codax no contexto da lírica medieval, atendendo ao emprego, por parte do xograr galego, de temas, motivos e formas que revelen coincidencias e continuidades coas producións poéticas doutras tradicións culturais, románicas e non só, así como cun posible fondo de folclórico e de poesía popular. Deste xeito, analízase o motivo do mar, como elemento simbólico que separa ou favorece o encontro dos amantes, o emprego do leixaprén ou o do dístico con refrán. No ámbito románico, destacan as relacións que se propoñen con autores transpirenaicos, como Cerveri de Girona coa a súa viadeyra ou Raimbaut de Vaqueiras, aínda que tamén se establecen paralelos e analoxías con pezas líricas integradas en Guillaume de Dole e coas chansons de toile. Porén, varios dos elementos xa citados, presentes nas cantigas de Martin Codax, tamén se rastrexan en tradicións líricas afastadas no tempo e no espazo, como a Biblia e as antigas poesías grega, india, sumeria ou chinesa. Neste caso é aconsellable emprender o estudo comparado adoptando os métodos do antropólogo e do folclorista. Isto permite reflexionar sobre as dificultades que presentan eses enfoques para o traballo do filólogo
![]()
