«La mise en page de los cancioneros»
Autor Beltran, Vicenç
Título La mise en page de los cancioneros
Otros autores M. A. Ramos - T. Amado
Título revista/libro À volta do Cancioneiro da Ajuda. Actas do Colóquio «Cancioneiro da Ajuda (1904-2004)»
Ciudad Lisboa
Editorial IN-CM
Año 2016
Páginas 251-274
Resumen
O autor interrógase sobre a homoxeneidade da mise en page das compilacións trobadorescas (transcrición contínua) e a fixación por toda Europa, entre finais do século XIV e inícios do XV, dun novo modelo (transcrición en columna). Cuestiona a orixe dos dous modelos, a razón de ser da homoxeneidade que se deu por toda Europa e como foi posible que en tan poucos anos o primeiro modelo fose substituído polo segundo en todo o contexto literario europeo. A continuación propóñense hipóteses de traballo que poden botar máis luz sobre as cuestións enunciadas, suliñando a importancia da análise dos elementos métricos (versos e estrofas), como base dos hábitos da escrita dos copistas medievais, e a necessidade de ter en conta as tradicións latina e romance, así como a articulación entre a representación gráfica e a retórica e as particularidades de cada manuscrito. Ademais do Cancioneiro da Ajuda, alúdese, a título de exemplo, a manuscritos de varias obras, como as Cantigas de Santa Maria, o Canzoniere de Petrarca, o cancioneiro da poesia de Dante e Petrarca reunida por Boccaccio, o Roman d'Alexandre, ou o Libro de Buen amor, entre outros
![]()
