«Cantiga de amigo y mito»


Autor Beltran, Vicenç

Título Cantiga de amigo y mito

Otros autores I. Dias Barros - M. Santos Alpahão - M. Esperança Pina

Título revista/libro O Medievalismo no século XXI

Ciudad Berlin

Editorial Peter Lang

Año 2020

Páginas 57-69


Resumen
Propón unha análise daquelas cantigas de amigo que sitúan o encontro dos amantes nun lugar acuático, ás que reinterpreta tendo en conta os elementos folclóricos e os esquemas míticos que subxacen as devanditas composicións. De acordo con este enfoque, as citadas cantigas (como a de Meendinho ou as de Martin Codax) poderían obedecer a un propósito didáctico, que advertise dos riscos que corrían as mulleres que acudían a una cita nun emprazamento deshabitado, que se situaba nas marxes dos espazos da cultura e para as que, xa que logo, cumpría transgredir as normas sociais. Este esquema argumental localízase en pezas líricas e relatos de culturas moi diversas, que inclúen a chanson de toile francesa, a mitoloxía mesopotámica (con relatos sobre a parella divina que forman Enlil e Ninlil e sobre o deus Enki) ou a grega (co rapto de Europa). A argumentación apóiase, así mesmo, en consideracións metodolóxicas acerca da vitalidade e a pervivencia dos relatos folclóricos e míticos, así como acerca da súa función variable nas sociedades ao longo do tiempo

Loading