«Bel m’es quan la rosa floris: Anthropologie et poétique des saissons au plein Moyen Âge»


Autor Beltran, Vicenç

Título Bel m’es quan la rosa floris: Anthropologie et poétique des saissons au plein Moyen Âge

Título revista/libro Studi Medievali

Año 2007

Volumen 48

Páginas 65-104


Resumen
Análise comparativa dos motivos propios das estacións (primavera e inverno) na poesía dos trobadores, nas súas diversas tendencias e escolas (trouvères, occitanos, cantiga de amigo, chanson de toile, reverdie, "Bele Aelis", etc.); por unha parte salienta a omnipresenza dos elementos primaverais (cuxa presenza no cantar de xesta e no roman courtois tamén se analizan), por outra parte obsérvase a escaseza dos motivos invernais (versión alternativa do preludio primaveral nos trobadores occitanos, pero obxecto dun uso moi específico na poesía de Colin Muset). Unha parte das variacións, especialmente as que separan os diversos xéneros, pode explicarse pola distinta especialización retórica de cada un, pero as súas características fundamentais derivan de factores ideolóxicos e antropolóxicos. Por fin, a natureza e o sentido destes elementos e do seu uso literario explícanse polos arquetipos antropolóxicos que representan, cuxa reconstrución se realiza a través dos nosos coñecementos de antropoloxía medieval e, moi en particular, pola súa comparación coas representacións plásticas medievais das estacións e os meses

Loading