«Ay flores dl verde pino»
Autor Beltran, Vicenç
Título Ay flores dl verde pino
Otros autores M. Brea - E. Corral Díaz - Miguel A. Pousada Cruz
Título revista/libro Parodia y debate metaliterarios en la Edad Media
Ciudad Alessandria
Editorial Edizioni dell'Orso
Año 2013
Páginas 213-232
Colección Medioevo Ispanico
Resumen
A alusión de don Denis ás flores do piñeiro na devandita cantiga resulta un desafío para a crítica, pois esas flores non sempre se percibiron como unha especie digna ser utilizadas nunha composición lírica e condicionaron a interpretación do poema dionisino. O autor parte da proposta elaborada por Aurelio Roncaglia, quen propoñía que o rei trobador se baseara nunha lectura errónea da flor do albespis de Jaufré Rudel, e, tendo en conta os códigos simbólicos da literatura e a arte medievais, suxire unha explicación alternativa á do estudoso italiano. Así, no presente traballo indágase no emprego da flor do piñeiro por parte das literaturas románicas, con especial atención á occitana e, sobre todo, á francesa, pero tamén o seu uso na poesía latina e na Biblia. Constátase dese xeito que a mención ao piñeiro e á súa flor está altamente codificada, por enriba do contacto directo dos autores respectivos con esa planta, e que a flor posúe un valor erótico moi extendido. Pero, así mesmo, o autor pon en relación a peza de don Denis cos capiteis de Santa Maria da Pena, no castelo de Leiria, nos que tradicionalmente se percibiu a representación dunhas rosas, pero que poderían estar representando piñas. A vinculación do monarca portugués con esa cidade e co cercano piñeiral de Leiria, e mesmo un posible xogo entre o nome do rei e os atributos do deus grego Dionisos, fan plausible a hipótese dunha rede de relacións, dentro da cal a mención ás flores do piñeiro no poema analizado non só sería consciente, senón que buscaría converter o poema nun desafío para os lectores
![]()
