«La loi du secret dans le pur amour des poètes courtois»


Autor Baladier, Charles

Título La loi du secret dans le pur amour des poètes courtois

Título revista/libro Sigila. Revue transdisciplinaire franco-portugaise sur le secret = Dire le secret / O segredo dito. Genèse / Génese

Año 1998

Volumen 1

Páginas 35-42


Resumen
O puro amor (a fin’amor, feminino na lingua d’oc) que apareceu desde finais do século XI no eido do que se chama a cortesía, inclúe a obriga case sagrada de manter en secreto a unión, polo xeral adúltera, dos dous amantes. Cando o trobador lle canta á súa dama, noméaa só por medio dun pseudónimo e evita dicir «quen é ela». Porén, algúns textos medievais, especialmente o célebre e tráxico relato, escrito en lingua d’oïl, titulado La châtelaine de Vergy, móstranos que é a propia dama quen lle prohíbe ao seu amante, como por contrato, desvelar o vínculo amoroso que os une, baixo pena de que este quede destruído para sempre. Esta rigorosa lei do segredo, totalmente allea á simple prudencia social, constitúe a principal característica da nova e orixinal arte de amar –en realidade bastante efémera– «inventada» pola civilización e pola literatura da Idade Media occidental

Loading