«La visión de la niñez en las Cantigas de Santa María»
Autor Arroñada, Silvia
Título La visión de la niñez en las Cantigas de Santa María
Título revista/libro Iacobvs. Revista de Estudios Jacobeos y Medievales
Año 2003
Volumen 15-16
Páginas 187-201
Resumen
Salienta a utilidade das Cantigas de Santa María no estudo das concepcións sobre a infancia na Idade Media hispánica, grazas ao seu tratamento máis achegado e vivido que as frías disposicións legais, xa que permite reconstruír circunstancias da vida cotiá e mesmo proporciona descricións físicas dos nenos. A autora insiste na visión positiva da devantita etapa vital, así como a relación que se establece entre a intervención protectora da Virxe, a través dos milagres nos que interveñen nenos, e o seu papel de nai. Con tal motivo, detense en varios aspectos, como as clases sociais ás que pertencen os nenos, a súa procedencia xeográfica ou a súa relixión. Neste último pormenor, observa o idéntico tratamento que Nosa Señora lle dispensa aos cativos das diferentes crenzas que convivían na Península
![]()
