«A transcrición paleográfica das cantigas de amor. Algunhas consideracións e hipóteses»
Autor Arias Freixedo, Xosé Bieito
Título A transcrición paleográfica das cantigas de amor. Algunhas consideracións e hipóteses
Otros autores coord. I. Tomassetti. Ed. R. Alviti -A. Garribba -M. Marini -D. Vaccari. Colab. M. Nogués - I.Turull
Título revista/libro Avatares y perspectivas del medievalismo ibérico
Ciudad San Millán de la Cogolla
Editorial Cilengua
Año 2019
Volumen 1
Páginas 311-327
Colección Instituto Literatura y Traducción, 23. Miscelánea, 10
Resumen
Con motivo da edición crítica revisada das cantigas de amor (que é o obxecto do proxecto Glosario crítico de la poesía medieval gallego-portuguesa. III. Edición crítica digital de las cantigas de amor), realizouse a transcrición paleográfica de todos os testemuños manuscritos que nos transmitiron os textos trobadorescos deste xénero. Como non podía ser doutro xeito, a edición crítica debía partir dunha análise concienzuda dos manuscritos, e esta análise das fontes debería ficar reflectida nunha transcrición paleográfica que dese conta da nosa interpretación textual. No traballo, o autor céntrase nalgúns dos aspectos que considera máis relevantes derivados dese proceso de lectura, análise e transcrición paleográfica. Por un lado revisaremos algún locus en que B e V transmiten leccións erradas diverxentes entre si, para tentar ver se se pode establecer algún tipo de sistematización no modus operandi dos copistas á hora de resolver graficamente pasaxes difíciles do exemplar que copiaban. Por outro lado, comenta tamén algúns casos concretos en que unha hipotética, aparente ou real anomalía no texto manuscrito, orixinou ou favoreceu edicións críticas erradas
![]()
