«Unha nova proposta de lectura e interpretación para o v. 9 da «cantiga da guarvaia»: des aquelha vs. de saquelha»
Autor Arias Freixedo, Bieito
Título Unha nova proposta de lectura e interpretación para o v. 9 da «cantiga da guarvaia»: des aquelha vs. de saquelha
Título revista/libro Revista Galega de Filoloxía
Año 2016
Volumen 17
Páginas 11-31
Resumen
Propón unha nova interpretación de «No mundo non me sei parelha» de Pai Soarez de Taveiros (A38) a partir do devandito treito do seu v. 9. O traballo comeza considerando a heterodoxia da cantiga e a súa mestura de rexistros, amoroso e burlesco, con compoñente paródico. As dificultades interpretativas que se derivan desta natureza fronteiriza enlazan coa subseguinte análise do texto e os seus treitos conflitivos, polo que se revisan as propostas que outros estudosos fixeron do v. 9. A lectura que propón o autor parte da alusión do texto á dama vestida cunha saia e considera que ese verso establece unha oposición entre dous tipos de tecido. Se un termo da comparación está delimitado pola citada saia, ten que haber un segundo, que estaría representado por saquelha, vocábulo derivado de saco e que designaría unha prenda de tecido groseiro. Daquela, a interpretación da cantiga enriquécese cun novo efecto humorístico, pois á visión da dama en saia, por parte do trobador, engádeselle a decepción deste ultimo, ao comprobar a rusticidade da prenda coa que se cubría a súa dona
![]()
