«Universo Cantigas: el editor ante el espejo»


Autor Arbor Aldea, Mariña

Título Universo Cantigas: el editor ante el espejo

Otros autores coord. I. Tomassetti. Ed. R. Alviti -A. Garribba -M. Marini -D. Vaccari. Colab. M. Nogués - I.Turull

Título revista/libro Avatares y perspectivas del medievalismo ibérico

Ciudad San Millán de la Cogolla

Editorial Cilengua

Año 2019

Volumen 2

Páginas 1541-1553

Colección Instituto Literatura y Traducción, 23. Miscelánea, 10


Resumen
A edición de textos constitúe unha arte que se pode definir como a suma dun método establecido ao longo de varias centurias e da experiencia adquirida polo filólogo ao longo da súa particular convivencia cos documentos. Cada texto é un unicum, 642 textos, as 642 cantigas que conforman o obxecto de traballo nesta primera fase do proxecto UniversoCantigas son 642 unica, cada un coas súas propias dificultades, cada un ou case todos con dificultades compartidas co resto das pezas que compoñen o corpus da lírica profana galego-portuguesa. Editar tal número de poemas, e editalos na rede, supón un reto que sitúa ao editor diante do espello dos coñecementos que posúe e dos coñecementos de que carece. No traballo, a autora presenta unha imaxe que ata o momento lle devolve o espello do labor ecdótico diario, contemplando tanto os principais os problemas que ofrecen as cantigas (leccións singulares, variantes lingüísticas, hipometrías, hipermetrías, banalizacións de diferente grao), como as posibles solucións, cando as houber, para eses problemas, solucións que estarán sempre validadas polos estudos previos realizados sobre o conxunto das cantigas producidas polos trobadores na Península Ibérica

Loading