«La tradición fluida: Pai Gomez Charinho»
Autor Arbor Aldea, Mariña
Título La tradición fluida: Pai Gomez Charinho
Otros autores V. Dumanoir
Título revista/libro De lagrymas fasiendo tinta... Memorias, identidades y territorios cancioneriles
Ciudad Madrid
Editorial Cas de Velázquez
Año 2017
Páginas 35-55
Colección Collection de la Casa de Velázquez, 162
Resumen
Aténdese á obra do trobador Pay Gomez Charinho, consistente en 28 composicións transmitidas polos cancioneiros galego-portugueses A, B e V. Obsérvase a falta de correspondencia textual (non derivada de faltas materiais) entre os tres testemuños; ademais, encóntrase un texto duplicado no Cancioneiro da Ajuda (A248 e 248b). As tres pezas comúns a A, B e V caracterízanse por presentar en Ajuda (A246, A248-A248b, A255) unha versión máis estensa que nos dous apógrafos coloccianos; a este respecto, a análise das diferenzas amosan unha diverxencia suficientemente significativa como para que se apoie a existencia de dúas coleccións para a obra do Almirante. Así mesmo, coméntase a inclusión en A da composición «De quantas cousas eno mundo son» (A256), que non encaixa nos parámetros do xénero amoroso. Préstase atención ás notas marxinais contempladas en A, así como á interpolación dunha cobra escrita na marxe do f. 68r, que acompaña a A250. Finalmente, entre as conclusións, incídese en que o ciclo incorporado ao antecedente de B-V sería diferente do que se trasladou en A, e que o material que se empregaría para este autor en A era diferente do dos autores que o preceden
![]()
