«A propósito de la numeración del Cancioneiro da Ajuda. Notas complementarias»


Autor Arbor Aldea, Mariña

Título A propósito de la numeración del Cancioneiro da Ajuda. Notas complementarias

Otros autores V. Beltran - J. Paredes

Título revista/libro Convivio. Cancioneros peninsulares

Ciudad Granada

Editorial Ediciones Universidad de Granada

Año 2010

Páginas 9-30


Resumen
Partindo do estudo do Cancioneiro da Ajuda, das súas copias e edicións e dos traballos publicados sobre a cuestión por C. Michaëlis e M. A. Ramos, a autora analiza a numeración do manuscrito, aportando datos que contribúen a resolver algúns dos interrogantes que este asunto suscitara entre a crítica. En concreto, sinala que, nos folios do Cancioneiro procedentes de Évora e incorporados ao códice durante a súa primeira restauración, distínguese unha foliación moderna que refire a disposición que estes folios presentaban antes da súa restitución ao manuscrito, como demostra a copia de A. Nunes de Carvalho. Así mesmo, a numeración moderna que comeza coa cifra 41 e remata en 126 sería atribuíble a C. Michaëlis; as discordancias coa orde actual dos folios deberíase á intercalación no corpo do manuscrito dos devanditos folios evorenses. Por fin, e no que se refire ás numeracións modernas que se lle atribuíron a Stuart, conclúse que remiten á edición que o diplomático británico realizou do Cancionero, coa que establecen unha equivalencia perfecta, sen que iso signifique que poidan atribuírse a este erudito, que tal vez non traballou directamente co códice

Loading