«Trouvère Elements in the Cantigas de Santa Maria»


Autor Araújo, Rui

Título Trouvère Elements in the Cantigas de Santa Maria

Otros autores M. P. Ferreira

Título revista/libro Musical Exchanges, 1100-1650: Iberian Connections

Ciudad Kassel

Editorial Reichenberger

Año 2016

Páginas 69-86

Colección Iberian Early Music Studies, 2


Resumen
No marco da disputa sobre a orixe das estruturas musicais das Cantigas de Santa María, e fronte á hipótese dunha procedencia musulmá das mesmas, o autor inscríbese na corrente de estudosos que opta por buscar esas fontes na tradición cultural do Occidente europeo. Baixo este presuposto, o autor profunda na pegada que sobre o cancioneiro mariano de Afonso X deixaron os trouvères, salientando que esta vía de estudo mereceu menos atención que a que se centrou na débeda das Cantigas cos trobadores occitanos. Para esta fin, analiza os elementos melódicos afonsinos que delatarían posibles contrafacta, ou influencia ou afinidade estilística cos trobadores do norte de Francia. Para a súa exemplificación escolle do corpus poético francés catro composicións: Merci clamant do Chastelain de Couci; Qui bien veut Amours, que se lle atribúe a Moniot, Chièvre de Reins ou Robert de Reins; D'amours qui ma tolu, atribuída a Chrétien de Troyes ou a Gace Brulé; e De fine amour de Thibaut de Champagne. Conclúe que as conexións entre as Cantigas de Santa María e a poesía dos trouvères son máis estreitas do que ata o de agora se pensou

Loading