Cantigas


Autor Anes, Osoiro

Título Cantigas

Editor S. Marcenaro

Ciudad Roma

Editorial Carocci

Año 2013

Páginas 156

Colección Biblioteca Medievale, 137


Resumen
Edición crítica da obra de Osoir'Eanes, constituída por oito cantigas, dúas delas fragmentarias, conservadas todas elas só no cancioneiro B. O texto crítico, acompañado de comentarios sobre aspectos métricos e retórico-literarios, complétase cun rimario, un glosario e un estudo preliminar, no que se examinan varios aspectos: a complexa cuestión da identificación do trobador, as características da tradición manuscrita dos poemas ou as tendencias conservadoras e innovadoras que se perciben na obra de Osoir'Eanes con respecto á tradición poética cortesá. Polo que atinxe á identificación histórica do personaxe, Marcenaro inclínase polas hipóteses recentemente avanzadas por António Resende de Oliveira (Depois do espectáculo trovadoresco. A Estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV, Lisboa, Colibri, 1994), Yara Frateschi Vieira (En cas dona Maior. Os trovadores e a corte senhorial galega no século XIII, Santiago de Compostela, Laiovento, 1999) e Henrique Monteagudo (Letras Primeiras. O Foral do Burgo de Caldelas, os primordios da lírica trobadoresca e a emerxencia do galego escrito, A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2008), rexeitando daquela a teoría «tradicional», que identificaba a Osoir'Eanes cun cóengo da catedral de Santiago, membro da liñaxe dos Mariños e activo no segundo cuarto do século XIII. Marcenaro identifica o trobador co fillo de Johan Airas de Novoa e Urraca Fernandez, señor dos castelos de Búbal, Alba, Castela e Ribadavia, cuxa actividade se situaría aproximadamente entre 1175 e 1217 (na época, pois, das primeiras xeracións trobadorescas) e no el ambiente cortesán da poderosa dinastía dos Traba

Loading