«Las cantigas de amor y de amigo, revisitadas»
Autor Alvar, Carlos
Título Las cantigas de amor y de amigo, revisitadas
Otros autores I. Dias Barros - M. Santos Alpahão - M. Esperança Pina
Título revista/libro O Medievalismo no século XXI
Ciudad Berlin
Editorial Peter Lang
Año 2020
Páginas 71-90
Resumen
Reflexiona sobra as orixes das cantigas de amigo e a súa ausencia no Cancioneiro da Ajuda. Conecta os comezos dubidosos deste xénero lírico galegoportugués á moda da poesía popularizante, que proviña de Francia e na que desempeñaría un papel decisivo Jean Renart, cos seus romans que incluían insercións líricas dese estilo. Na Península, esa poesía de inspiración pretrobadoresca difundiríase a mediados do século XIII, dende a corte de Afonso III, o Boloñés, e entre os trobadores do seu contorno, como Roi Gomez de Briteiros, Fernan Fernandez Cogominho, Johan Soarez Coelho ou Johan Perez d'Aboim. Tamén a Razón de amor castelá reflictiría o trunfo deste novo modo de escribir por medio de diversas inserción líricas que estarían baseadas en cantigas de amigo. Fronte ao xurdimento deste último xénero lírico, a cantiga de amor iniciaríase como xénero cara a 1170, con ocasión da voda entre Afonso VIII de Castela e León e Leonor Plantagenêt, en cuxo séquito, sen ir máis lonxe, integrábase Arnaut Guilhem de Marsan
![]()
