«Arredor de boudanha: unha nova proposta de edición e interpretación da cantiga Joan Rodriguiz foi esmar a Balteira (B 481, V 64) de Afonso X»


Autor Arias Freixedo, Bieito

Título Arredor de boudanha: unha nova proposta de edición e interpretación da cantiga Joan Rodriguiz foi esmar a Balteira (B 481, V 64) de Afonso X

Título revista/libro Verba. Anuario Galego de Filoloxía

Año 2016

Volumen 43

Páginas 421-429


Resumen
O traballo expón as sucesivas interpretacións que suscitou na crítica o derradeiro verso desta cantiga (Michaëlis, Lapa, Ferrari, Tavani, Paredes, a web do Projeto Littera, Gonçalves). O autor, pola súa banda, propón para o locus criticus a lectura boudanha do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, polo que Afonso X estaría referíndose á boudaña, unha pranta do xénero Byronia, moi coñecida en Galicia e da que falan, no século XVIII, o Padre Sarmiento e o Padre Sobreira. O verso resultante tería o sentido dunha comparación categórica, que non admitiría réplica, ao enfrontar a medida da madeira coa da devandita planta. Porén, isto non desbota un segundo sentido agochado, de tal xeito que, tras o nome da planta, Afonso X estivese referíndose así mesmo ao nome dalgún personaxe contemporáneo, hipótese que xa manexaran Michaëlis, Lapa e Gonçalves. A documentación medieval galega, de feito, proporciona algúns exemplos nos que a variante boudana foi utilizada como alcume de persoa. En tal caso, a palabra en cuestión posuiría un valor dialóxico con vontade humorística

Loading