«A fronte a BV: res metrica e varia lectio (II)»
Autor Arbor Aldea, Mariña
Título A fronte a BV: res metrica e varia lectio (II)
Otros autores A. Martínez Pérez - A. L. Baquero Escudero
Título revista/libro Estudios de literatura medieval. 25 años de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval
Ciudad Murcia
Editorial Universidad de Murcia. Servicio de Publicaciones
Año 2012
Páginas 159-170
Resumen
Continuación dun traballo anterior, «A fronte a BV: res metrica e varia lectio (I)» presentado no III Congreso da SEMYR, no que a autora iniciaba a análise sistemática da lección manuscrita enviada polos tres relatores da poesía galego-portuguesa na procura de datos que avalasen a hipótese da isometría como principio caracterizador desta lírica. Neste novo estudo, analízanse os problemas de medida versal, que se documentan nun gran número de cantigas desta tradición poética. A autora rexistra un elevado número de versos hipérmetros que atopan unha xustificación nos erros debidos a probables omisións de copista ou a deficiencias provocadas por posible adición de elementos. Á marxe deste tipo de faltas, tense en conta outro tipo de variantes textuais que presentan unha maior dificultade de clasificación, como a tendencia á simplificación de estruturas sintácticas ou semánticas e as formas lingüísticas alternantes. Dos datos emanados da análise, a isometría concíbese como principio caracterizante da cantiga de amor, hipótese que permite trazar pautas válidas para a emenda dos segmentos metricamente irregulares desta tradición poética
![]()
