«Gaiferos de Mormaltán y el duque Guillermo X de Aquitania: entre Jofre de Monmouth y Manuel Murguía»


Autor Anguita Jaén, José María

Título Gaiferos de Mormaltán y el duque Guillermo X de Aquitania: entre Jofre de Monmouth y Manuel Murguía

Título revista/libro Cuadernos de Estudios Gallegos

Año 2021

Volumen 68

Fascículo 134

Enlace https://doi.org/10.3989/ceg.2021.134.03


Resumen
O Romance de Don Gaiferos foi considerado pola crítica como unha falsificación de Manuel Murguía. O artigo ten por obxectivo amosar que o suceso histórico da morte de Guillerme X de Aquitania en 1137 no transcurso da súa peregrinación a Santiago de Compostela, sendo un dos máis poderosos señores da súa época, tería unha importante repercusión e deixaría distintas pegadas nos textos. O cronista de Luís VI estaría entre os primeiros en escribir sobre o suceso; a Crónica de Morigny recolle tamén a noticia e alude á sepultura de Guillerme X na catedral compostelá. Tamén se lembra o planh dedicado por Cercamon, así como a composición que lle dedica Ricardo Pictavense, incidindo nos vv. 23-24 deste planctus, «que podría estar reflejando el cogollo argumental del Romance de Don Gaiferos, donde el Apóstol se aparece al noble y le acompaña y asiste en los últimos pasos de su peregrinación» (p. 98). En síntese, o suceso puido ser o detonante para a creación e circulación de materiais literarios diversos. Aténdese á cuestión do cambio onomástico, isto é, de que Guillermo X puidese ser coñecido polo sobrenome Gaiferos; a este propósito, destácase que na Historia regum Britanniae Geoffrey de Monmouth aparece un personaxe designado como Goffarius Pictus que é indistintamente titulado rex Aquitaniae e dux Pictauorum, e considerándose Goffarius unha variante de Gaifarius - Gaiferos. O autor da investigación conclúe que Murguía puido coñecer certos elementos tradicionais ou materiais antigos, talvez nun estado deficiente, pero que lle servirían como base para elaborar o seu Romance de Don Gaiferos

Loading