«Gaiferos de Mormaltán y el duque Guillermo X de Aquitania: entre Jofre de Monmouth y Manuel Murguía»
Autor Anguita Jaén, José Manuel
Título Gaiferos de Mormaltán y el duque Guillermo X de Aquitania: entre Jofre de Monmouth y Manuel Murguía
Título revista/libro Cuadernos de Estudios Gallegos
Año 2021
Volumen LXVIII
Fascículo 134
Páginas 91-123
Resumen
Reconsidera a suposta falsidade do Romance de don Gaiferos, que Manuel Murguía publicou en 1888, para o que retoma as suxestións que fixera Millán González-Pardo acerca das posibles orixes históricas do poema. Con tal fin, analiza as fontes medievais que aluden a Guillerme X de Aquitania, en quen se inspiraría a figura de Gaiferos, quen morreu mentres peregrinaba a Santiago, tal e como recollen diversas crónicas da época (as compostas por Suger de Saint Denis, Ricardo Pictavense, Orderico Vital ou a Crónica de Morigny) e algún trovador, como Cercamon. As circunstancias do seu pasamento favoreceron a reelaboración lendaria dende moi cedo, incluíndo o cambio de nome a Gaiferos, que Murguía coñecería a través dun autor do século XIX, Jean-Baptiste Pardiac. O traballo analiza logo as tradicións arredor do personaxe literario de Gaiferos, que pertence á épica de materia carolinxia e ao romanceiro hispano e que dende o século XI se viría a identificar cos duques de Aquitania coetáneos. Finalmente, explica o cambio onomástico de Guillerme a Gaiferos a partir dunha alusión contida na Historia regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth, na que se menciona un personaxe chamado Goffarius Pictus, que sería rei de Aquitania e duque de Poitou. As críticas que Monmouth insinúa contra este personaxe poden mesmo relacionarse con outras que contén o quinto libro do Liber Sancti Iacobi contra os córnicos. Conclúe que o Romance de don Gaiferos non é unha falsidade, senón unha versión facticia dun romance tradicional
![]()
