«Suegras, madrastras y otros miembros de la familia»


Autor Alvar, Carlos

Título Suegras, madrastras y otros miembros de la familia

Otros autores M. Brea, E. Corral Díaz - M. A. Pousada Cruz

Título revista/libro Parodia y debate metaliterarios en la Edad Media

Ciudad Alessandria

Editorial Edizioni dell’Orso

Año 2013

Páginas 69-87

Colección Medioevo Ispanico


Resumen
O autor analiza o tratamento que a institución matrimonial recibe na poesía satírica medieval. A pesar de que se trata dun corpus textual relativamente reducido, estas composicións posúen grande interese, xa que, aínda que se constrúen a partir dunha serie de tópicos, ás veces as súas descricións tan vívidas parecen reflectir situacións reais. O seu cultivo por parte de poetas que a miúdo proceden da sociedade urbana, explícase polas restricións expresivas que impón o discurso cortés no que se refire á caracterización da muller, convertida en dama. Tras unha serie de reflexións preliminares, a análise detense en varias das actitudes morais que adopta o poeta fronte ao casamento infeliz, como a autocompasión ou o odio cara ao pai, a posibilidade de que a expresión poética sexa sinceira ou a actitude hostil respecto á sogra e á madrasta. Para exemplificar estes aspectos adúcense pezas de Rutebeuf, Cecco Angiolieri, Colin Muset ou Alfonso Álvarez de Villasandino; e, entre os trobadores galegoportugueses, de Afonso X e Gonçal'Eanes do Vinhal

Loading