La expresión de las emociones en la lírica románica medieval


Título La expresión de las emociones en la lírica románica medieval

Editor Mercedes Brea

Ciudad Alessandria

Editorial Edizioni dell'Orso

Año 2015

Páginas 404

Colección Medioevo Ispanico


Resumen
Volume colectivo consagrado á expresión das emocións na lírica románica medieval. Segundo a explicación que ofrece a editora nas páxinas introdutorias, os tres primeiros capítulos serven de introdución á metodoloxía e ao corpus analizado (R. Antonelli, «Perché l'affetività e le emozioni?», pp. 1-16; P. Canettieri, «Scienza e gaia scienza. Ragione e sentimento nella lirica romanza del medioevo», pp. 17-38; R. Distilo, «L'espressione dei sentimenti nella poesia trobadorica: per una onomasiologia dell'affetività e delle emozioni», pp. 39-56); a seguir dispóñense varios traballos centrados nas expresións que empregaron trobadores determinados (F. Constantini, «L'espressione dei sentimenti in Bernart de Ventadorn: fra autore e varia lectio», pp. 57-70; R. Viel, «L'espressione dei sentimenti in Giraut de Borneil fra autore e varia lectio», pp. 71-90; G. Barachini, «L'espressione dei sentimenti in Raimon de Miraval fra autore e varia lectio», pp. 91-108; V. Atturo, «"Non mi parete femina incarnata". Fisiologia spiritale e interiorizzacione 'angosciosa' in Giacomo da Lentini», pp. 109-142; I. González, «La expresión de las emociones en la(s) poesía(s) de la Vita Nuova», pp. 143-160), e continúa con varias contribucións nas que o obxectivo é a análise dunha emoción concreta nun corpus lírico dado (R. Rea, «L'ira: note sulla semantica di un'emozione complessa (e su alcune occorrenze dantesche)», pp. 161-176; A. M. Domínguez Ferro, «El término rancura en la lírica italiana de los orígenes», pp. 177-188; D. Seoane Casás, «Empatía entre trovadores: la rancura en la cantiga E porqué me desamades de Osoir'Anes», pp. 189-200; M. A. Ramos, «A expressão do na lírica profana galego-portuguesa», pp. 201-238; P. Larson, «Per astio e per inveggia», pp. 239-251; A. A. Domínguez Carregal, «A coita do meu coraçon, unha fórmula recurrente na lírica profana galego-portuguesa», pp. 251-262; E. Fidalgo, «Usos do adxectivo alegre na lírica galegoportuguesa», pp. 263-280; C. F. Blanco Valdés, «Canto, piacere, beninanza e riso. La Laetitia como categoría emocional en los poetas del Dolce Stil Novo», pp. 281-308), seguidos de varios traballos dedicados á expresión das emocións nun xénero dado (J. Paredes, «La expresión de las emociones en las cantigas de escarnio y maldecir», pp. 309-324), ou no interior dun cancioneiro concreto (D. González, «A expresión das emocións nas Cantigas de Santa Maria», pp. 325-344, M. I. Morán Cabanas, «A expressão de amor em debate: cuidar versus suspirar no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende», pp. 345-362). Pechan o libro dúas contribucións que analizan procedementos compositivos ou establecen interpretacións textuais, mais conservan o fondo temático que dá unidade á obra (R. M. Medina Granda, «Arnaut Daniel Bdt 29,14 Lo ferm voler: s'enongla», pp. 363-384; G. Tavani, «La nostalgia di Jaufre Rudel per una terra lontana», pp. 385-396)

Loading