Estudos de edición crítica e lírica galego-portuguesa
Título Estudos de edición crítica e lírica galego-portuguesa
Editor Mariña Arbor Aldea - Antonio F. Guiadanes
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Universidade de Santiago de Compostela
Año 2010
Páginas 401
Colección Verba: Anuario Galego de Filoloxía. Anexo 67
Resumen
O volume recolle as contribucións presentadas no Congreso Internacional Ogni edizione critica altro non è che un'ipotesi di lavoro... Edición crítica e lírica medieval galego-portuguesa, que tivo lugar en Santiago de Compostela entre os días 24 e 26 de marzo de 2009. Segundo os editores, os principais obxectivos do volume son: analizar e avaliar o percorrido andado na tarefa ecdótica no ámbito da lírica galego-portuguesa, estudar as vías futuras e os retos que debe encarar o especialista desta tradición, tratar de promover unha reflexión sobre a importancia da práctica ecdótica, motivar o debate e servir de intercambio de coñecemento. O volume ábrese cunha introdución da editora (Mariña Arbor Aldea, «Sobre edición crítica e lírica medieval galego-portuguesa», pp. 7-10) e está constituído polas contribucións seguintes: Cesare Segre, «Problemi teorici e pratici della critica testuale», pp. 11-23; Rip cohen, «Pragmatics and Textual Criticism in the Cantigas d'Amigo», pp. 25-42; Carlo Pulsoni, «Uno sguardo da un altro pianeta: le attibuzioni della lirica galego-portoghese», pp. 43-53; Giuseppe Tavani, «Copistas, cancioneiros, editores. Tres problemas para a lírica galega medieval», pp. 55-67; Maria Ana Ramos, «A intencionalidade e a concretização de um projecto medieval. Problemas editoriais do Cancioneiro da Ajuda», pp. 69-101; Anna Ferrari, «Perché non possiamo non dirci eterotopici ed eteronomici», pp. 103-113; Miguel A. Pousada Cruz, «A tradición manuscrita das cantigas de Nuno Fernandez Torneol», pp. 115-149; Joaquim Ventura Ruiz, «Deconstruír os cancioneiros: unha visión plural do corpus lírico galego-portugués medieval», pp. 151-162; Antonio Fernández Guiadanes, «Particularidades gráficas e de impaxinación do folio 79r do Cancioneiro da Ajuda: o seu copista é ¿un copista-corrector?», pp. 163-194; Mª. Gimena del Rio Riande, «Rótulos y folhas: las rúbricas del Cancioneiro del rey Don Denis», pp. 195-223; Pedro Sánchez-Prieto Borja, «Problemas y propuestas acerca de los aspectos lingüísticos de la edición», pp. 225-238; Manuel Ferreiro, «Os hapax como problema e como solución. Sobre a cantiga 493/18,11 [B 495/V 78] de Alfonso X», pp. 239-261; Giulia Lanciani, «Una questione metodologia: tradurre per interpretare, o interpretare per tradurre?», pp. 263-269; Simone Marcenaro, «Tradurre l'equivocatio», pp. 271-285; Manuel Pedro Ferreira, «Ambiguidade, repetição, interpretação: o caso das Cantigas de Santa Maria 162 e 267», pp. 287-298; Dominique Billy, «Identification des rimes internes et disposition des textes à vers césurés», pp. 299-314; Stephen Parkinson, «Questões de estrutura estrófica nas Cantigas de Santa Maria: estruturas múltiplas, assimetrias e continuações inconsistentes», pp. 315-336; Marco Bernardi, «Gli interissi culturali e il lavoro filologico di Angelo Colocci», pp. 337-351; Carmen Isasi, «Edición digital: retos nuevos en los nuevos recursos», pp. 353-367; José Manuel Lucía Megías, «De las bibliotecas digitales a las plataformas de conocimiento (notas sobre el futuro del texto en la era digital)», pp. 369-401
![]()
