«Las reformas del siglo XII y su vertiente lingüística»
Autor Wright, Roger
Título Las reformas del siglo XII y su vertiente lingüística
Otros autores coord. F. López Alsina - H. Monteagudo - R. Villares - R. Yzquierdo Perrín
Título revista/libro O século de Xelmírez
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Consello da Cultura Galega
Año 2013
Páginas 439-458
Resumen
O presente traballo comeza describindo o contexto político da Península Ibérica durante o que denomina como longo século XII, que abranguería dende 1080 ata 1220. Nese período desenvólvese unha fase crucial da Reconquista, pero tamén o Renacemento do século XII. E entre as moitas renovacións e reformas que se produciron neses anos, o autor salienta a do rito litúrxico romano e, vinculado a ela, a reforma lingüística e a técnica de lectura oral, que xa daquela se empregaba en Francia. Explica por que esta foi máis intensa no que atinxe á ortografía que á morfosintaxe, pero ao mesmo tempo observa que foron reformas deste xénero as que, ao longo da Idade Media, crearon a conciencia da diferencia entre as linguas romances e o latín. Na segunda parte do traballo as conclusións extraídas destas consideracións iniciais aplícanse ao contexto cultural de Santiago de Compostela e ao pulo que lle deron á cidade Diego Xelmírez, Pedro Suárez de Deza e, posiblemente xa antes, Diego Peláez. Entre as iniciativas que adoptaron os bispos composteláns estarían a creación dunha escola catedralicia, conectada coas grandes correntes intelectuais da Europa contemporánea, ou a composición da Historia Compostellana
![]()
