Llingua y cultura lliteraria na Edá Media asturiano-lleonesa
Autor Viejo Fernández, Xulio
Título Llingua y cultura lliteraria na Edá Media asturiano-lleonesa
Ciudad Trabe
Editorial Uviéu (Oviedo)
Año 2004
Páginas 411
Colección Historia de la Literatura Asturiana, 1
Resumen
Documenta amplamente a presenza de xograres, trobadores e outros profesionais ligados ao mundo da música no territorio astur-leonés dende épocas moi antigas, sinalando as súas privilexiadas relacións coas cortes da época e a nobreza máis alta. Detense especialmente en dous personaxes que son os únicos trobadores galego-portugueses aos que pode identificarse cunha orixe na zona: Fernán Suárez de Quiñones e Johan, xograr de León. Para o estudo do primeiro acude a un estudo seu publicado anteriormente e a outra documentación posterior, pola que defende a tese da existencia de dous poetas: un chamado Fernán Suárez, activo na primeira metade do s. XIII e ao que podería atribuírselle un poema, e seu neto, Fernán Suárez de Quiñones, responsable do resto da produción, ao que nun documento de 1285 se lle relaciona cun coengo autor de poemas latinos. Menos datos son os que aporta sobre o xograr leonés, sendo en xeral todos xa coñecidos
![]()
