O amor que eu levei de Santiago. Roteiro da lírica medieval galego-portuguesa
Autor Vieira, Yara Frateschi - Morán Cabanas, María Isabel - Souto Cabo, José Antonio
Título O amor que eu levei de Santiago. Roteiro da lírica medieval galego-portuguesa
Ciudad Noia
Editorial Toxosoutos
Año 2011
Páginas 100
Resumen
Escolma de poesía trobadoresca dirixida ao público non especialista, ao que se lle proporciona unha guía de lugares de Santiago de Compostela e da súa bisbarra que son mencionados nas cantigas galegoportuguesas. Daquela, recóllense composicións de once autores, nas que aparecen eses topónimos. Entre outras, reúnense pezas de Airas Nunez, Bernal de Bonaval, Johan Airas de Santiago, Pai Gomez Charinho ou Pero da Ponte. A eles engádenselles cantigas doutros seis autores que, aínda que non aluden a Santiago, están relacionados coa cidade pola documentación. Neste segundo bloque cóntanse pezas, por exemplo, de Afons'Eanes do Coton, Osoir'Anes, Pero Meogo ou Roi Fernandez de Santiago. Cada trobador leva unha ficha biobibliográfica, mentres que as cantigas van acompañadas dunha perífrase e unha nota explicativa. En canto aos textos, procedeuse a unha edición rigorosa de cada un deles, mesmo non adxuntando aparello crítico, e foron transcritos de acordo coas Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa medieval, que foron publicadas en 2008 no volume A edición da poesía trobadoresca en Galiza (Baía, A Coruña). O libro complétase con fotografías dos lugares aludidos, así como cunha breve bibliografía orientativa
![]()
