«A imagem da mulher judia e muçulmana na lírica galego-portuguesa»
Autor Vieira, Yara Frateschi
Título A imagem da mulher judia e muçulmana na lírica galego-portuguesa
Otros autores E. Corral Díaz
Título revista/libro Voces de mujeres en la Edad Media. Entre realidad y ficción
Ciudad Berlín - Boston
Editorial De Gruyter
Año 2018
Páginas 392-406
Resumen
A autora comeza advertindo como nas Cantigas de Santa María a muller non marcada é a cristiá, mentres que si se especifica cando unha muller é moura ou xudía. Pola súa banda, na lírica profana galegoportuguesa, só nunha ocasión se indica a presenza dunha dona non cristiá, nunha das rúbricas que acompaña ás cantigas de Vidal, o xudeu de Elvas, o cal impide que se consideren cristiás todas aquelas mulleres non connotadas. Por iso, no presente traballo detense no tratamento que se lles dispensa ás donas xudías e mouras, partindo desa amada que cantou Vidal. Dela destácase a súa asimilación ao modelo feminino creado polo trobadorismo, o que inclúe unha alusión á brancura do seu peito, a loanza da súa beleza ou a súa actitude altiva fronte ao poeta. As anteriores observacións compleméntanse cos datos que outras obras ofrecen sobre as mulleres semitas, como a Estoria de España de Afonso X, coas súas alusións á lenda de Afonso VI e Zaida, a xudía de Toledo, os Castigos e documentos de Sancho IV ou as propias Cantigas de Santa María. Tamén aborda as mencións a mulleres de pel escura, entre as que se poderían incluír as cantigas que Pero Garcia Burgalês lle dedicou a Maria Negra. Conclúe que non existe un modelo único nin un modo homoxéneo de mirar ás mulleres xudía e moura, o que reflectiría a situación complexa das persoas desas minorías no seo da sociedade cristiá
![]()
