«A trindade de Pedro Garcia de Ambroa»
Autor Ventura, Joaquim
Título A trindade de Pedro Garcia de Ambroa
Título revista/libro Revista de cancioneros impresos y manuscritos
Año 2014
Volumen 3
Páginas 181-231
Resumen
A partir da cantiga na que se refire a peregrinación do citado trobador a Ultramar, o presente artigo reconstrúe a biografía do autor, así como o contexto histórico no que se moveu. Para iso, parte da debatida cuestión acerca da identidade, reafirmando a existencia dun Pero Garcia de Ambroa diferente do Pero de Ambroa, que así mesmo aparece entre os autores dos cancioneiros galegoportugueses. Tamén se atende ás referencias que sobre Pero Garcia de Ambroa fixeron outros trobadores contemporáneos, como Pedr'Amigo de Sevilha, Pero Gomez Barroso ou Gonçal'Eanes do Vinhal. Polo que atinxe á súa participación na cruzada, propónse non tanto unha viaxe a Terra Santa, senón a Marrocos, vinculado ás expedicións que Afonso X dirixiu contra varios enclaves do norte de África, como Salé ou Taount. A revisión da personalidade de Garcia de Ambroa contempla mesmo a súa condición social, pois, en lugar de ser un cabaleiro e trobador, como adoitaba a soster a crítica, serí, segundo o presente traballo, escudeiro e segrel
![]()
