«Sobre hipermetrías y una estrofa con seis versos en el Libro de Fernán González»
Autor Veiga, Alexandre
Título Sobre hipermetrías y una estrofa con seis versos en el Libro de Fernán González
Título revista/libro Moenia. Revista Lucense de Lingüística & Literatura
Año 2010
Volumen 16
Páginas 145-165
Resumen
Analiza dezaseis versos do poema castelán que contan con dezaoito ou máis sílabas (o máis longo, o nº 502e/508e, chega ás vintetrés), algúns dos cales no pertencerían á redacción orixinal da obra. A presenza de elementos alleos a esta primeira versión non conservada faise extensiva á estrofa 674/686, que rompe co molde da caderna vía e acada os seis versos. Para o estudo desta estrofa o autor ten en conta o testemuño prosificado que contén a Primera crónica general e que foi editado por Marden en 1905, así como a proposta de López Guil (2001), na que se supón a existencia dunha estrofa parcialmente perdida. O autor propón unha relectura crítica desa pasaxe e postula que tales deturpacións do texto orixinal se produciron porque o poema non se transmitiu sempre por escrito, senón que nalgunha fase se difundiu de maneira oral. Ditas deturpacións, xa que logo, serían froito dun proceso de reconstrución textual de base memorística
![]()
