«Reitifacações da descriptio pulchritudinis puellae na Crónica Troiana»


Autor Tomé Gonçalves, Jorge Miguel

Título Reitifacações da descriptio pulchritudinis puellae na Crónica Troiana

Título revista/libro Troianalexandrina. Anuario sobre literatura medieval de materia clásica

Año 2013

Volumen 13

Páginas 9-32


Resumen
Análise do tópico da descriptio pulchritudinis puellae na Crónica Troiana, versión galega prosificada do Roman de Troie de Benoît de Sainte Maure. Para este traballo tómase como base, ademais dos dous textos anteriores, a obra De Excidio Troiae Historia, atribuida a Dares Frixio e na que se inspira Benoît. Nun primeiro punto, introdúcese unha visión xeral da muller na Crónica Troiana, unha muller cuxa característica principal e a perfección física. O resto do artigo centra a súa atención nunha personaxe feminina de grande relevancia na obra: Policena, filla de Príamo, vista desde tres perspectivas diferentes. En primeiro lugar, analízase a visión do narrador, en segundo lugar a de Aquiles cando a ve por primeira vez e, por último, a dos gregos no momento en que vai ser sacrificada. En cada caso establécense comparacións entre os tres textos que permiten observar como se foi construíndo a imaxe desta muller. Mentras que a obra latina se caracteriza por unha maior concisión descriptiva, Benoît amplía o tetrato con máis pormenores. Pola súa parte, a Crónica Troiana detense en determinados aspectos menos visibles no texto francés. O artigo conclúe incidindo nos trazos descriptivos xerais das personaxes femininas: a beleza, a intelixencia, a cortesía, a mansedume, a graza e a tenacidade

Loading