«Pedro de Valcárcel, poeta gallego del siglo XIV»


Autor Tato, Cleofé

Título Pedro de Valcárcel, poeta gallego del siglo XIV

Título revista/libro Revista de Poética Medieval = Poesía y corte: entre filología y pragmática

Año 2014

Volumen 28

Páginas 119-142


Resumen
Estudo biobibliográfico sobre o poeta Pedro de Varcárcel, do que se conservan dous poemas. Pese a que iso induce a consideralo un poeta menor, quizais de ocasión -aínda que foi lembrado polo arcediago de Toro e puido tamén participar nalgún intercambio en verso que se conservou incompleto- Tato afirma que a exigüidade do seu corpus non debe levarnos a minusvalorar a súa produción. De feito, na obra de Pedro de Valcárcel percíbense elementos de interese, como a presenza de trazos lingüísticos occidentais nun dos seus poemas, o cal motivou a súa inclusión na nómina de autores da chamada escola «galego-castelá». Tamén é salientable a relación que mantivo co arcediago de Toro, que era un dos grandes autores da poesía cancioneiril a finais do século XIV. De Pedro de Valcárcel consérvanse dous textos transmitidos polo Cancionero de San Román (MH1): unha canción amorosa en galego e unha pregunta en castelán, de ton satírico, incompleta e sen resposta, dirixida ao tamén galego Gonzalo López de Goyanes. Tras un detallado estudo documental e xenealóxico, Tato identifica ao poeta como un membro da liñaxe dos Rodríguez Valcárcel e Valboa, fillo do señor de As Pontes de García Rodríguez e neto do adiantado de Galicia, García Rodríguez (emparentado, ademais, cos Andrade). Estivo vinculado, como a súa familia, ao mosteiro de Carracedo e morreu pouco antes de 1398

Loading