«Aymericus, Reinerius y los canónigos de Saint-Léonard de Noblat. ¿Quién escribió la "Guía del Peregrino"?»
Autor Stones, Alison
Título Aymericus, Reinerius y los canónigos de Saint-Léonard de Noblat. ¿Quién escribió la "Guía del Peregrino"?
Título revista/libro Ad Limina
Año 2018
Volumen 9
Fascículo 9
Páginas 21-39
Resumen
Revisa a atribución do Codex Calixtinus a Aymericus Picaudus, que boa parte de crítica soe aceptar. Este, en realidade, só aparece no códice como autor dunha canción nun dos cadernos que se lle engadiron ao libro V, así como da bula apócrifa atribuída a Inocencio II. Por iso, a autora repasa os candidatos a compilar o códice ou parte del, como o papa Calixto II, o seu chanceler Aymeric e un tal Rainerius. Este último, que aparece mencionado nunha das copias parciais do códice, o ms. P (Archivio di Stato di Pistoia, Documenti vari 27), en realidade podería ser o que con máis probabilidades se encargase desa tarefa, xa que se sabe da súa relación con Xelmírez, co gallo da adquisición dunha reliquia de Santiago por parte do bispo de Pistoia. Ademais das boas relacións con eclesiásticos de Italia, Francia e Inglaterra, Rainerius exerceu como mestrescola en Santiago. Para o seu estudo, a autora procede a unha análise, non só das alusións textuais, senón da iconografía contida nas copias de Santiago de Compostela, Salamanca, Londres e o Vaticano
![]()
