«A emergéncia da lírica galego-portuguesa e os primeiros trovadores»
Autor Souto Cabo, José António
Título A emergéncia da lírica galego-portuguesa e os primeiros trovadores
Título revista/libro A Trabe de Ouro. Publicación Galega de Pensamento Crítico
Año 2011
Volumen XXII
Fascículo 87
Páginas 367-392
Resumen
Estuda o horizonte formativo do trobadorismo galegoportugués por medio da reconstrución biográfica dos máis antigos autores conservados desta tradición lírica, aqueles que desenvolverían a súa actividade poética entre a segunda metade do século XII e os comezos do XIII e que, dentro da tradición textual galegoportuguesa, encabezan o que se denomina como cancioneiro de cabaleiros. Tras un repaso ás propostas que, ao longo dos anos, foi facendo a crítica sobre esta cuestión, o autor analiza de xeito individual cada un dos autores e os datos históricos conservados sobre eles, tecendo unha rede de relacións mutuas, coas que se deseña o panorama desas etapas iniciais do lirismo peninsular. O panorama resultante sitúa o xurdimento deste movemento poético en terras galegas e ligado á corte dos monarcas leoneses Fernando II e Afonso IX, moi vencellados tanto a Galicia como ás liñaxes nobiliarias alí asentadas, entre as que destacarían os Traba
![]()
