«A imaxe da harmonía universal. Música, poesía e artes visuais en Galicia e no Camiño de Santiago (séculos XII-XIII)»


Autor Singul, Francisco

Título A imaxe da harmonía universal. Música, poesía e artes visuais en Galicia e no Camiño de Santiago (séculos XII-XIII)

Otros autores M. Arbor Aldea - F. Luengo - J. M. Salgado - F. Singul

Título revista/libro O eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago

Ciudad A Coruña

Editorial Editorial Canela

Año 2021

Páginas 33-151


Resumen
Capítulo dedicado ao estudo da escultura monumental no século XII, que en boa medida se recoñece potenciada polo fenómeno da peregrinación a Santiago, e entre a que se encontra unha importante imaxinería musical non exenta de significado simbólico. Entre outros aspectos, faise referencia á representación de figuras relacionadas co espectáculo musical, coa festa e coa danza, localizables sobre todo no exterior das igrexas. Así mesmo, no contexto da Compostela medieval como meta de peregrinación, aténdese á dimensión musical do Códice Calixtino e ás orixes da música polifónica. O autor non deixa de comentar a produción trobadoresca desenvolvida no século XIII, lembrando algúns poetas vinculados á área compostelá e outros que foron compositores das denominadas cantigas de romaría ou de santuario, entre os que sobresaen os célebres Joan de Cangas, Martin Codax e Meendinho. Por último, pon de relevo a actividade poético-musical desenvolvida en galego-portugués no círculo afonsino. O traballo inclúe, na parte final, unha rica colección de imaxes brevemente comentadas e de excelente calidade, que permiten ilustrar diversos aspectos tratados no texto principal do traballo

Loading