«El bordón de Santiago y la pluma. El Camino de Santiago descrito por peregrinos de los siglos XV-XVIII»


Autor Santos Fernández, Carlos

Título El bordón de Santiago y la pluma. El Camino de Santiago descrito por peregrinos de los siglos XV-XVIII

Título revista/libro Compostellanum

Año 2014

Volumen LIX

Fascículo 3-4

Páginas 427-458


Resumen
O presente traballo reúne dúas conferencias impartidas polo autor en 2014, durante a celebración do Ciclo de actividades para peregrinos ¿A dónde vas, peregrino?, que organizou en Santiago de Compostela a Archicofradía Universal del Apóstol Santiago. Tras salientar como a literatura odepórica se mantén viva aínda na actualidade, o autor escolma os relatos de once viaxeiros que acudiron a Santiago entre o período que vai da confección do Codex Calixtinus ás peregrinacións contemporáneas, xa no século XIX. Destes once relatos, catro compuxéronse no século XV: o do nobre francés Nompar de Caumont, o do sacerdote inglés William Wey e os dos alemáns Hermann Künig e Arnald von Harf. Despois duns breves apuntamentos biográficos dos once autores analizados, clasifícanse os seus textos, segundo as características dos tres xéneros odepóricos -itinerarios, guías e memorias- e analízanse as vicisitudes que rodeaban a viaxe, dende os motivos para a partida aos preparativos, a vestimenta, a compaña, as rutas que se seguían, os aloxamentos ou os perigos. Dedícase así mesmo un apartado ao Camiño Xacobeo como experiencia de coñecemento, no que se inclúe o contacto con outros pobos e linguas, a acción da xustiza ou os milagres. O derradeiro apartado deténse nos testemuños referidos á meta do Camiño, coa chegada a Santiago, a Catedral, as reliquias do Apóstolo ou a atención dispensada aos peregrinos

Loading