«¿Viajeros peregrinos y peregrinos viajeros? Santiago y Tierra Santa en las guías y relatos de viajes bajomedievales»


Autor Salicrú i Lluch, Roser

Título ¿Viajeros peregrinos y peregrinos viajeros? Santiago y Tierra Santa en las guías y relatos de viajes bajomedievales

Otros autores S. Gutiérrez García - S. López Martínez-Morás

Título revista/libro El culto jacobeo y la peregrinación a Santiago a finales de la Edad Media. Crisis y renovación

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Universidade de Santiago de Compostela

Año 2018

Páginas 185-207


Resumen
A polisemia do termo "peregrinar" abrangue significados moi diferentes, que poden referirse tanto a desprazamentos por cuestións espirituais, como por calquera outra razón material. De aí a dificultade para distinguir quen, de entre os viaxeiros a Santiago, pode considerarse peregrino. A autora compara o carácter relixioso ou profano dos periplos a Compostela e Terra Santa baseándose nos relatos de viaxes e guías que elaboraron algúns expedicionarios a eses lugares. Observa que os viaxeiros a Santiago falan máis do traxecto e das vicisitudes que lles acaecen ao percorrelo, que do destino, ata o punto de que as descricións de Santiago e da Catedral resulta ás veces anecdóticas. É por iso que a miúdo emerxe unha voz narrativa individual, preocupada en contar as súas experiencias persoais. En moitas desas viaxes destaca así mesmo unha certa improvisación ou aleatoriedade á hora de trazar o camiño, como demostra o grand tour que realizaban moitos cabaleiros europeos que se achegaban á Península Ibérica. Por contra, as viaxes a Terra Santa amosan un compoñente relixioso máis nidio, soen ter un ton máis impersoal e outórganlle ao destino máis importancia que ao traxecto. Entre os viaxeiros a Santiago alúdese a Eustache de la Fosse, Georg von Ehingen, Leo von Rosmithal, Nikolas von Popplau ou Hyeronymus Müntzer

Loading