«Littérature compostellane IXe-XIIe siécles. Textes et contextes»
Autor Rucquoi, Adeline
Título Littérature compostellane IXe-XIIe siécles. Textes et contextes
Otros autores K. Herbers - H. Chr. Lehner
Título revista/libro Unterwegs im Namen der Religion II / On the Road in the Name of Religion II. Wege und Ziele in vergleichender Perspektive - das milttelalterliche Europa und Asien / Ways and Destinations in Comparative Perspective - Medieval Europe and Asia
Ciudad Stuttgart
Editorial Franz Steiner Verlag
Año 2016
Páginas 119-140
Colección Beiträge zur Hagiographie , 17
Resumen
A autora postula, en primeiro lugar, a necesidade de estudar os xéneros literarios medievais atendendo ao texto e a o contexto como dúas partes dunha mesma realidade. De seguido considera o contexto no que xurdiu e se configurou o corpus de textos composteláns, no que se integran, entre outros, o Chronicon Iriense, a Historia Compostellana, o Liber Sancti Jacobi, a Historia Turpini ou o cartulario do Tombo A da catedral de Santiago, todos eles marcados por unha rede de referencias que lles dá cohesión. Na segunda e terceira parte do traballo expón as relacións que existen entre o contexto e dous dos aspectos deses textos composteláns: o Apóstolo e a súa sepultura e a figura de Carlomagno, como descubridor do sepulcro xacobeo. Aborda, xa que logo, o proceso de creación da lenda de Santiago e as súas vinculacións con España, ata chegar aos tempos de Xelmírez, así como aqueloutro proceso polo que o emperador franco se converteu en liberador de España fronte aos musulmáns, atendendo ao tratamento que a esta lenda lle dispensaron as crónicas e a épica
![]()
