«La música del Amadís de Gaula: la Leonoreta y su tradición métrico-melódica»
Autor Rossell, Antoni
Título La música del Amadís de Gaula: la Leonoreta y su tradición métrico-melódica
Título revista/libro Medievalia. Revista d’Estudis Medievals (IEM)
Año 2013
Volumen 16
Páginas 123-127
Enlace https://ddd.uab.cat/pub/medievalia/medievalia_a2013v16/medievalia_a2013v16p123.pdf
Resumen
Na sección dedicada ao contido dos simposios do Institut d’Estudis Medievals (IEM), Antoni Rossell reflexiona sobre o esquema melódico dun texto incluído no Amadís de Gaula: a «Leonoreta». Este traballo forma parte dunha serie de estudos dedicados á incidencia da música nos aspectos métricos da lírica románica medieval europea. En primeiro lugar, sinálase que existe un orixinal en galegoportugués, «Senhor genta» de Johan Lobeira, trobador da segunda metade do século XIII. Ademais dos contactos que ten con esta peza, Rossell compara a estrutura métrica de «O genete» (18,28), cantiga de sátira política de Afonso X, coa da «Leoneta» do Amadís, coa intención de localizar posibles relacións métricas coa tradición litúrxica contemporánea do Rei Sabio. Desa busca deduce que a composición lírica se adecua ao esquema melódico dun canto monódico de vésperas, que celebraba o Aninovo e que era moi popular na Idade Media: «Novus annus-dies magnus (Conductus in secundo nocturno)». Rossell supón que se lle podería aplicar o esquema métrico desta peza latina ás dúas primeiras estrofas da «Leonoreta», para imaxinar así a música que escoitaría Amadís de Gaula e o público que gozaba co canto das súas xestas
![]()
