«Los gallegos en Sevilla en el siglo XV. Cuestiones previas: número, ubicación, niveles socio-profesionales y relacionales»


Autor Ronquillo Rubio, Manuela

Título Los gallegos en Sevilla en el siglo XV. Cuestiones previas: número, ubicación, niveles socio-profesionales y relacionales

Título revista/libro Medievalismo

Año 2007

Volumen 17

Páginas 131-186


Resumen
A sociedade sevillana baixomedieval foi permeable á presenza de grupos de recente chegada e cualificación profesional diversa, o que contribuíu ao seu desenvolvemento mercantil. Para valorar na súa xusta medida o papel dun grupo foráneo cómpre coñecer o volume, o peso e a influencia dos demais grupos que a conformaron. Pola súa importancia cuantitativa, fronte aos outros conxuntos foráneos do mesmo reino castelán, e polo seu asentamento tanto na cidade como na terra de Sevilla, o estudo comeza polo grupo dos galegos. A súa presenza constátase dende o momento da conquista. Ademais de Rodrigo Gómez, señor de Trastámara, hai un bo número de ricoshomes, como o arcebispo de Santiago, Juan Arias (con outros membros da súa familia), Arias Gaga, Pai de Mera, Pero Ruiz Tenorio, o trobador Pero da Ponte, Paio Gómez Chariño e, no século seguinte, o almirante Jofre Tenorio. Houbo galegos entre os mesnadeiros do rei, entre os ballesteiros, os porteiros de Afonso X (de Galicia e Oviedo) e entre os monteiros. Algunhas liñaxes galegas instaláronse en Sevilla, sobre todo ao longo do século XIV: os Biedma, que formaron un clan cos Rojas, Coroneles, Tenorios e Manzanedos; os Ribera, que soían emparentar nun primeiro momento con outras liñaxes galegas, como os Sotomayor, Mariño, Portocarrero; e os Tenorio. Presenta os trazos socio-profesionais dos galegos agrupados por sectores, entre os que destacan os labregos, que se instalaron na Tierra. O subsector mariñeiro é así mesmo importante, pero non o dos que se dedican á pesca. Nos artesáns galegos que traballan a madeira sobresaen os toneleiros e no téxtil, os xastres e alfaiates. O maior número de ocupacións entre os galegos instalados pertencen ao sector terciario: transporte terrestre, subsistencias (comidas e viño), servidume (escudeiros) e profesións libres (algún escribán). Os cargos e oficios públicos estaban representados polos Saavedra, Mariño, Ribera e quizais o vinticatro Pedro González de Bahamón. Merece mención especial Alonso Fernández de Lugo, conquistador e gobernador da illa de Tenerife

Loading