«Martin Codax. O nome. A onomástica na lírica trobadoresca»


Autor Ron Fernández, Xosé Xabier

Título Martin Codax. O nome. A onomástica na lírica trobadoresca

Otros autores A. Rodríguez Guerra - X. B. Arias Freixedo

Título revista/libro The Vindel Parchment and Martin Codax / O Pergamiño Vindel e Martin Codax. The Golden Age of Medieval Galician Poetry / O esplendor da poesía galega medieval

Ciudad Amsterdam - Philadelphia

Editorial John Benjamins Publishing Company

Año 2018

Páginas 221-238


Resumen
Analiza a antroponimia trobadoresca acolléndose á posibilidade de que Colocci cometese erros de transcrición durante a copia da Tavola Colocciana, aínda que tamén ten en conta os topónimos que se interpretaron como apelidos dalgúns trobadores, como é o caso de Pedr'Amigo de Sevilha, así como a ausencia de patronímico como indicación enganosa da condición social dun autor, tal e como acontecería con Airas Carpancho, Roi Queimado, Martin de Caldas ou Golparro. Céntrase, finalmente en Martin Codax, salientando os intentos de identificación que levou a cabo a crítica e que resultarían insatisfactorios. Propón, pola contra, ligar o célebre xograr cun individuo chamado Fernan Codaz, que viviu na bisbarra do Rosal e que aparece en dous documentos do mosteiro de Santa María de Oia. Propón que a forma orixinal do apelido do xograr galego sería Codaz, o que lle permite soster que sería irmán do devandito Fernan Codaz

Loading