El antiguo monasterio de Santiago de Ermelo. Estudio, documentación e índices
Autor Romaní Martínez, Miguel - Otero Piñeyro Maseda, Pablo S.
Título El antiguo monasterio de Santiago de Ermelo. Estudio, documentación e índices
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Consejo Superior de Investigaciones Científicas - Xunta de Galicia - Instituto de Estudios Gallegos "Padre Sarmiento"
Año 2005
Páginas 114
Colección Cuadernos de Estudios Gallegos, Monografías 6
Resumen
Aproximación á historia dun pequeno centro monástico galego, da comarca do Morrazo: o mosteiro de Santiago de Ermelo, do que só queda en pé a igrexa e cuxa fundación remonta á Alta Idade Media. A súa documentación ofreceu dúas novas singulares: unha inscricíón que conmemora a reedificación da igrexa de Ermelo en 1104, na que figura o aínda bispo Diego Xelmírez, e unha cita ao xograr «Mascia», segundo os autores posiblemente Macías (prometen estudo á parte sobre este aspecto). O mosteiro mantívose independente ata 1491, data en que foi anexionado como priorado ao cercano mosteiro de San Xoán de Poio. Os autores reconstrúen sumariamente os seus dominios: os coutos de Ermelo e Meiro e outras propiedades nas bisbarras do Salnés e o Morrazo, sobre todo nas proximidades de Bueu. O corpo do traballo está formado polo estudo e a publicación dos testemuños epigráficos (cuxo primeiro anotador foi o Padre Sarmiento na súa viaxe a Galicia en 1745), a edición dos documentos inéditos de Ermelo, fundamentalmente pertencentes ao fondo do mosteiro de Poio, e a recompilación de noticias bibliodocumentais sobre a historia do cenobio benedictino. Inclúe vinteoito imaxes
![]()
