«Unha corrección marxinal do Cancioneiro da Ajuda nada marxinal»


Autor Rodríguez Guerra, Alexandre

Título Unha corrección marxinal do Cancioneiro da Ajuda nada marxinal

Título revista/libro Revista Galega de Filoloxía

Año 2013

Volumen 14

Páginas 161-199


Resumen
Analiza unha nota que aparece no folio 36vb do devandito cancioneiro, corrixindo uns versos de «Pois que eu ora morto for» de Roi Queimado (A143, B264). A particularidade desta anotación reside en que se trata dunha intervención contemporánea á copia da compilación e, ademais, en que podería conter o único caso de grafía lh do Cancioneiro da Ajuda. Para dilucidar a grafía exacta coa que é reproducido o correspondente fonema palatal lateral, o autor repasa o tratamento que lle dispensaron os sucesivos editores da cantiga, tanto ao editar todo Ajuda, como a obra de Roi Queimado ou as escolmas de lírica galegoportuguesa. Entre estes editores están C. Michaëlis de Vasconcellos, E. Molteni, E. Pacheco Machado e J. P. Machado, H. H. Carter, G. Tavani ou G. Videira Lopes, sen esquecer as aportacións de Mª. Ana Ramos e S. Tavares Pedro, que estudaron as didascalias de Ajuda. O autor constata que boa parte das dúbidas que suscitou a pasaxe en cuestión débense a que o labor ecdótico se realizou a partir de copias fotográficas ou microfilmadas do manuscrito e non a partir da consulta do orixinal. Pero a revisión deste último corrobora a proposta que xa fixera Carter, é dicir que a grafía analizada reproduce o dígrafo lh. Segundo o autor, este pormenor podería botar algunha luz adicional acerca do lugar de confección do códice e da súa cronoloxía

Loading