«Women and Feigned Pilgrimages»


Autor Riquer, Isabel de

Título Women and Feigned Pilgrimages

Otros autores C. A. González-Paz

Título revista/libro Women and Pilgrimage in Medieval Galicia

Ciudad Surrey (UK) - Burlington (USA)

Editorial Ashgate

Año 2015

Páginas 155-167

Colección Compostela International Studies in Pilgrimage History and Culture


Resumen
A autora aborda o estudo da que se coñecía como romaría de donas -é dicir, a peregrinación feminina a Compostela-, tendo en conta que a documentación existente ofrece un panorama parcial deste fenómeno e que nada se di nela sobre os periplos de moitas mulleres que non eran nobres nin santas e que acudiron a Santiago. Por iso, considera que a literatura, neste acaso a lírica trobadoresca, constitúe unha fonte alternativa a través da que indagar acerca dos motivos variados -devoción, curiosidade, aventura, compaixón-, que levaban ás mulleres aos camiños. Para esta fin, expón diversos exemplos extraídos das Cantigas de Santa María, nas que aparecen personaxes femininos que peregrinan, e, sobre todo, cantigas de romaría, que forman parte do corpus das cantigas de amigo. Estas últimas mostran a asistencia a centros locais de devoción, á marxe das grandes rutas espirituais, pero tamén a mestura de elementos reais e simbólicos, o que dá lugar ao topos lírico da romaría. Entre os exemplos que se analizan hai cantigas de Johan de Cangas, Johan Servando, Martin Codax, Meedinho, Nuno Treez, Pero Viviaez, entre outros

Loading