«Por su pobreza recibían gran fatiga. El clero parroquial auriense a fines de la Edad Media»


Autor Ríos Rodríguez, María Luz

Título Por su pobreza recibían gran fatiga. El clero parroquial auriense a fines de la Edad Media

Título revista/libro Medievalismo

Año 2007

Volumen 17

Páginas 247-269


Resumen
Analiza o memorial-tumbo elaborado en 1489 na diócese auriense, que contén moita información sobre o seu clero secular e o estado e o valor dos seus beneficios parroquiais. O memorial-tumbo, conservado en dous manuscritos do Arquivo da Catedral de Ourense, constitúe unha resposta ao proxecto reformador para o que acudira a Santiago Alonso Carrillo de Albornoz, bispo de Catania, enviado por Hernando de Talavera, que á súa vez fora elixido por Inocencio III e os Reis Católicos para a reforma eclesiástica. A partir de tres territorios administrativos da diócese -a Terra do Cabido, o Vicariato, a Chantría e o Arcedianato de Celanova-, estúdase un conxunto de cento e corenta e tres igrexas parroquiais (delas vinte e unha anexas) y dúas capelas con cura. Céntrase nos reitores ou cregos que estaban á fronte das parroquias, o número de fieis que pagaban os seus décimos nelas, a renda global anual de cada parroquia, as súas composición e procedencia -décimos, bens dos dextros, bens aforados- e os tributos ou cargos que tiña que pagar o crego parroquial, particularmente procuracións e patronatos. As queixas dos cregos sobre a pobreza das igrexas da diócese, unha vez analizado o memorial-tumbo, parecen ter unha base real

Loading