«Afonso X, un de bolonna e a abadessa prenne»
Autor Ramos, Maria Ana - Rossi, Luciano
Título Afonso X, un de bolonna e a abadessa prenne
Título revista/libro Santa Barbara Portuguese Studies
Año 2002 [2006]
Volumen 6
Páginas 33-76
Resumen
Desenvolve unha ampla investigación histórica para explicar as diferenzas entre a forma de narrar de Afonso X e as súas fontes. A toponimia ofrece a clave: Bolonia non sería a cidade italiana senón a francesa Bologne-sur-mer, onde foi conde por matrimonio o futuro Afonso III de Portugal, fortemente enfrontado co rei Sabio. O resto de topónimos (Colonia e Oña) tamén estarán relacionados con asuntos ligados a este infante e futuro monarca. Deste modo o conto tradicional adquiría un «encadramento histórico possível de justificar. A intenção, que é certamente cómica (...) o diabo que tradicionalmente engravida a virgem que é personificado, neste caso com dun de Bolonna que pode ser associado a Afonso III de Portugal (...) igualmente o espaço epravado po Pas-de-Calais que é alargado a Colonna» (p. 63). Trátase dunha parodia onde a concepción diabólica, por intervención da Virxe, se converte nunha criatura predestinada a ser rei de Portugal despois de seu pai
![]()
