«Homens e Cancioneiros em Évora»
Autor Ramos, Maria Ana
Título Homens e Cancioneiros em Évora
Otros autores P. Botta - C. Parrilla - I. Pérez Pascual
Título revista/libro Canzonieri iberici
Ciudad Noia
Editorial Università di Padova - Ed. Toxosoutos - Universidade da Coruña
Año 2001
Volumen vol. 1
Páginas 169-216
Resumen
Como continuación dunha investigación anterior (vid. Ramos, BBAHLM 13.3/247), a investigadora céntrase nalgunhas figuras de poetas e eruditos cortesáns que fomentaron -dende finais do s. XV ata o s. XVIII- ben actividades culturais, ben a constitución de importantes bibliotecas personais (Pedro Homem, Garcia de Resende, André de Resende, Fr. Manuel do Cenáculo). Ás precedentes pescudas, únenselles agora as novas achegas sobre a corte dos duques de Bragança, en Vila-Viçosa e, en particular, sobre o cenáculo literario e a biblioteca organizada por D. Teotónio e D. Teodósio na 2ª metade do s. XVI. A este respecto a autora constata as importantes referencias ó Livro de linhagens de Portugal «de letra de mão» e tamén a Obras del Rei Dom Denis «feitas de mão», que aparecen no Inventario da Biblioteca antes referida. Esta mención fai máis emblemática a presencia da poesía trobadoresca galego-portuguesa en unha biblioteca cortesán do sur de Portugal, é dicir, no mesmo espacio
![]()
