«As notas marxinais coetáneas da Historia Troiana (BMP ms. 558). Edición e estudo»
Autor Pichel Gotérrez, Ricardo
Título As notas marxinais coetáneas da Historia Troiana (BMP ms. 558). Edición e estudo
Título revista/libro Revista Galega de Filoloxía
Año 2013
Volumen 14
Páginas 117-159
Resumen
Estuda as case que duascentas setenta notas marxinais que acompañan o texto da Historia troiana, da que se ofrecen a descrición codicolóxica, as variacións paleográficas e mais análises lingüística e textual. A existencia destas notas está ligada ao proceso de elaboración textual e comprende tanto letras de espera e aviso, como chamadas de atención, probas de pluma ou textos secundarios destinados á redacción de epígrafes. O estudo ten en conta esta diversidade e indaga nas funcións respectivas de cada tipo de anotación, así como nas características que se desprenden desas funcións específicas. Pero tamén contempla a relación entre o corpo de texto e o devandito aparato paratextual, de xeito que atende aos procesos de adaptación que se producen entre o primeiro e o segundo, tanto no referido á posibles mudanzas gráficas como fonéticas, fonolóxicas, morfosintácticas e discursivas (por exemplo, cambios de orde). Tras este estudo preliminar, a segunda parte do artigo presenta a transcrición paleográfica das notas, seguida da correspondente edición crítica
![]()
