«French Noblewomen on Pilgrimage to Compostela in the Middle Ages»
Autor Péricard-Méa, Denise
Título French Noblewomen on Pilgrimage to Compostela in the Middle Ages
Otros autores C. A. González-Paz
Título revista/libro Women and Pilgrimage in Medieval Galicia
Ciudad Surrey (UK) - Burlington (USA)
Editorial Ashgate
Año 2015
Páginas 93-112
Colección Compostela International Studies in Pilgrimage History and Culture
Resumen
Despois un breve repaso polas orixes da lenda xacobea e a súa vinculación con España, a autora estuda a súa difusión alén Pireneos, que relaciona coa composición da Crónica do Pseudo-Turpín. Esta obra compoñeríase baixo iniciativa da abadía de Saint-Denis e garantizou o espallamento do culto ao Apóstolo entre os laicos de toda Europa, entre eles os nobres, que acudían a Compostela tras as pegadas de Carlomagno. Porén, o número de mulleres nobres que das que se sabe que peregrinaron a Santiago foi escaso, debido ás restricións sociais que padecían. Repásanse as vicisitudes dalgunhas delas, como Santa Bríxida de Suecia, María de Anjou, nai de Luís XI de Francia, Margarita de Saboia, Santa Isabel de Portugal ou Constanza de Castela, duquesa de Lancaster. Repásanse, así mesmo, diversas testemuñas contrarias á peregrinación, que proceden de sermóns ou de obras literarias, como Le Ménagier de Paris ou Les Quinze joies de marriage, ou mesmo a visión ofrecida pola literatura didáctica, tal que Le Trésor de la cité des Dames de Christine de Pizan, ou polos relatos novelescos, como Floire et Blancheflor. Pechan o traballo algunhas consideracións acerca das peregrinacións por delegación e sobre os países que cumpría atravesar no camiño e sobre os motivos das mulleres para partir nesa viaxe
![]()
